festina lente
Xaora
Veleiquí, Outono, grande e puro,
vestindo ao mundo de dourado,
con saibo a mosto fermentado,
a mazá, a sal, a grao maduro.
Veleiquí, Outono, nel procuro
o rumor do vento namorado,
o laio do mar ben concertado
e o misterio máis escuro.
Veleiquí, Outono, fosco e ledo,
con brasas secretas, soedosas,
acenas nas brétemas do medo.
Veleiquí, Outono, xa sen rosas,
sementando mágoas misteriosas
no meu corazón ceibe e acedo.
Poemas ó outono (1997)
Manuel María




«O semanario compostelán CLARIDAD a carón dos postulados de esquerda»
Información sobre o semanario Claridad (1933-1934) cun contido trasladábel á actualidade. 1. Apuntamentos externos Esta…
«O IRMANDINO (Montevideo) na defensa dos postulados do Partido Galeguista»
Información sobre unha publicación periódica de tipo político aparecida en Montevideo (Uruguai). Fonte: Galiciana (Real…
«A publicación GALICIA EMIGRANTE ó coidado de Luís Seoane»
Fonte: Enciclopedia Galega Universal. 1. Apuntamentos externos Esta publicación de Bos Aires saíu á rúa…
«Roque Pesqueira Crespo e o enfoque rexionalista»
Infórmanse da biografía e a obra literaria de Roque Pesqueira Crespo. 1. Retallos biográficos Roque…
«Unha ollada literaria á revista CRISTAL de Pontevedra»
Información sobre a revista CRISTAL. 1. Anotacións externas Co subtítulo “Revista literaria” saíu á rúa…
Outono
Agora que o tempo anuncia a súa viraxe cara as sombras, dende esta nosa revista…